Unha candidatura galega da maioría social


Moitas persoas, dende diferentes ámbitos e de distintos xeitos diciamos fai un ano que



Somos maioría as persoas que queremos cambiar as cousas. Que queremos facer deste país, Galiza, un lugar digno no que pague a pena vivir e no que a xente, de verdade, teña a palabra e a decisión.

Iniciativas plurais ... temos que entendérmonos e confluír



Cando impulsamos este manifesto non queremos substituír nin competir con ningunha outra iniciativa que propugne o mesmo. Só pretendemos, dende unha posición de democracia militante, contribuír a alentar un proceso de unidade que alimente a esperanza de poñer fin á indefensión na que se encontra a maioría social pola inxustiza e a corrosión a que están sometidos os dereitos e o roubo de espazos de benestar laboriosamente construídos. A pluralidade de iniciativas, todas lexítimas, esixe de todas a xenerosidade e a intelixencia da confluencia final para lograr os obxectivos comúns.

A cada volta somos máis as persoas que non estamos dispostas a tolerar a desigualdade, o retroceso das condicións de vida dos máis para que uns poucos se enriquezan, o espolio e a privatización dos nosos recursos naturais e a degradación dos nosos sinais de identidade, moi principalmente da nosa lingua.

A cada volta somos máis as persoas que pensamos que a orde social debe asegurarnos o dereito a un benestar e unha seguranza material mínima: a ter unha vivenda digna, a ter un traballo decente, a poder protexer a nosa saúde e o noso medio ambiente, a poder acceder ao ensino e á cultura.

Somos máis cada volta e máis ilusionadas as persoas que queremos aproveitar este momento de cambio para impulsar unha democracia avanzada, fundada nos valores republicanos da igualdade, fraternidade e liberdade.

Somos maioría quen demandamos que exista unha alternativa de confluencia e unidade que poña fin a este estado de regresión nos dereitos, liberdades e autogoberno.

A experiencia das municipais ...



Vimos de constatar o éxito da unidade, máis rotundo na medida en que as iniciativas locais foron percibidas como abertas, e non excluíntes, fosen de base cidadá ou partidaria. Estes resultados indican tamén que o camiño para arrombar a esa minoría reaccionaria que goberna en contra da maioría social está aberto e precisa ser completado con todos e todas os que están por devolver as institucións á cidadanía e abrir un proceso de creba democrática no plano estatal no que Galiza xogue nun plano de igualdade coas outras nacións do Estado.

Da nosa parte.



Queremos contribuír a activar a cidadanía sobre a base do que coidamos o común denominador da maioría social, defensa dos dereitos sociais como punto de partida para unha sociedade máis xusta, e do dereito da xente e das nacións a decidir como parte esencial dunha democracia verdadeira que

- Alente unha única Candidatura Galega soberana a partir do protagonismo directo da cidadanía, feita en Galiza, sen exclusión de ningunha caste – inclusiva de quen nos reclamamos do nacionalismo e de quen estamos pola defensa dos dereitos democráticos radicais individuais e colectivos que nos asisten como cidadáns e como nación, para agrupar a inmensa maioría das persoas comprometidas coa democracia, coa defensa da maioría social e co dereito a decidir do pobo galego.

- Esta candidatura constitúa un Grupo Galego nas Cortes do Estado para levar as políticas decididas en Galiza e para garantir a presenza galega en pé de igualdade co resto das nacións do Estado.

- Establecer dende Galiza acordos con outras iniciativas similares que nas outras nacións do Estado estean dispostas a repoñer de inmediato os dereitos sociais liquidados nos últimos anos, unir forzas para acabar co réxime da Segunda Restauración borbónica, e en procesos constituíntes radicalmente democráticos respecten o dereito das nacións a decidir.

Temos a certeza de que unha alternativa común coma esta pode ser amplamente maioritaria e protagonizar os cambios que Galiza precisa con urxencia.

Galiza xullo de 2015

Sinaturas

239

Antón Seoane Papin, músico e psiquiatra

Baldomero Iglesias Dobarrio (Mero), músico

Bernardino Pardo Teijeiro, médico

Bernardo Máiz Vázquez, historiador

Carlos Baliñas Pérez, profesor da USC e escritor

Carlos Moreira García, directivo da Asociación de Pequenas Empresas de Ferrolterra

Cibrán Santamarina, físico

Enrique González Muñoz, consultor Publicitario en Barcelona

Esteban Yáñez, comediante e músico

Fernando Souto Suárez, activista para a recuperación da memoria histórica

Francisco Vázquez Vizoso, médico

Helena Amoedo, actriz de dobraxe

Héctor Rodríguez Vidal, filólogo

Imma António Souto, actriz e dramaturga

Inma Castro Gonzales, filóloga desempregada

Luís Álvarez Pousa, profesor de Xornalismo na USC

Luz Divina Rebollal Juanes, activista sindical

Mª Camiño Noia Campos, Catedrática de Galego da UdVigo

Manuel González Moreira, médico

Manuel Pérez Campos, economista e empresario

Mar Catarina Serantes, fotógrafa e audiovisual

Marta Gonzalo Correa, activista sindical

Miguel Pernas Cora, actor

Olaia Castro Alvaredo, investigadora e profesora universitaria

Paco Castro Alvaredo, bibliotecario e escritor

Placer Vila Rodríguez, activista sindical

Ramón Veras Castro, médico

Ramón Yáñez Brage, economista e profesor xubilado da UdC

Ricardo Posada Argibay, activista sindical

Rosa Enríquez Noya, escritora

Sandra Rebolo López activista sindical

Verónica Martínez Delgado, poeta e profesora

Xabier P. Docampo, escritor

Xosé Anxo Laxe, analista político

Xosé Henrique Costas, profesor titular da UVigo

Xosé Lois Vilar, historiador, arqueólogo e froiteiro

Xosé Luís Rivas Cruz (Mini), músico

Xosé Manuel Fernández Varela, avogado e membro da Irmandade Xurídica Galega

Xosé Pintado Valverde, investigador do CSIC

Xosé Ramón Cando Vázquez, profesor de Filosofía

Xulián Maure Rivas, Filólogo

Asina!

Achega os seguintes datos para promover desde abaixo unha candidatura galega única nas eleccións ás Cortes Xerais

Formulario




De acordo co artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal, informamos que os datos facilitados serán incorporados e tratados nun ficheiro titularidade de SOMOS MAIORÍA para seren empregados na propia iniciativa. A persoa asinante resolverá calquera xestión sobre os seus datos a través do correo info@somosmaioria.org


Súmate tamén no Twitter e no Facebook:


Nas redes